A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, intercambiou uns agasallos con este grupo pertencente á Asociación de Amigos do Camiño de Siero, Noreña e Sariego que rematou esta mañá a súa peregrinación a Santiago A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a uns 90 peregrinos procedentes da Asociación de Amigos do Camiño de Sieiro, Noreña e Sariego de Asturias, unha organización inscrita no rexistro de Asociación Xacobeas e moi activa. Nava Castro agradeceu o esforzo da asociación na promoción do espírito e dos valores do Camiño e valorou que se volvan a recuperar pouco a pouco as peregrinacións en grupos, demostrando que o Camiño está aberto e é seguro. En 2021 xa se superaron tódalas expectativas no Camiño de Santiago coa entrega de case 180.000 Compostelas fronte ás 140.000 previstas e no que vai de ano xa se selaron máis de 11.000 credenciais respecto ás apenas 260 do primeiro trimestre do exercicio anterior.No que se refire aos peregrinos procedentes de Asturias, máis de 1.800 obtiveron a Compostela o ano pasado e máis dun cento neste 2022, aos que se suman os que chegaron hoxe.A directora de Turismo tamén destacou o estreito vínculo entre Galicia e Asturias co Camiño de Santiago, tendo en conta que Oviedo está considerado o punto de partida do Camiño Primitivo, xa que segundo a tradición, o rei Alfonso II O Casto foi o primeiro peregrino a Compostela.Por outra banda, Asturias é un dos territorios máis significativos do Camiño de Santiago, como proba o feito de que o atrevesen dúas das súas rutas oficiais: o Camiño Primitivo e o Camiño do Norte, que suman case o 8% do total de peregrinos. Descarga gratis la nueva app de COPE y prueba todas las novedades. Ya disponible para iPhone y Android, con nuevas funcionalidades. Todos los programas, emisoras y noticias. Con la posibilidad de recibir notificaciones en tu móvil. La aplicación para iOS y Android se puede descargar de forma totalmente gratuita a través de la App Store y Google Play.

Por

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Abrir chat
¿ Hablamos ?..
Cope Écija
Hola, ¿ En que podemos Ayudarte ?